Israel detivo no mínimo 650 nenos e nenas palestinas no que vai de ano

Denúnciano organizacións defensoras dos dereitos humanos.

palestina

No mínimo 651 nenas e nenos palestinos foron detidos polas autoridades israelís no que vai de 2018, segundo un informe publicado esta semana por organizacións de defensa dos dereitos humanos. O documento foi realizado entre outros polo Centro de Dereitos Humanos Al Mezan ou a Comisión de Prisións.

Othman Rami Helles, de 15 años. morreu esta sexta feira tiroteado por francotiradores do exército israelí. Xa son 19 os menores palestinos mortos nestas semanas por francotiradores


A cifra fai parte do total de 3.533 palestinos detidos por membros do exército israelí durante o primeiro semestre deste ano. O informe afirma que o goberno de Tel Aviv procesou nestes meses 502 casos administrativos, o que implica prisión e privación de liberdade por decisión das autoridades administrativas e non por decisión xudicial.

Doutra banda, o informe afirma quenos cárceres de Israel hai aproximadamente seis mil ​​palestinos detidos acusados ​​de se resistir a ocupación do seu país.

Comentarios