Apróbanse restricións durante de tres semanas

Israel decreta o confinamento polo coronavirus

As autoridades israelitas veñen de detectar que os contaxios disparáronse entre a poboación unha vez que tivo lugar o regreso aos centros educativos.
2(3)
photo_camera A cidade de Tel Aviv é unha das máis afetadas pola pandemia.

As autoridades israelitas decretaron un confinamento de tres semanas para o conxunto da poboación, unha vez que se dispararon os contaxios por coronavirus. A resposta de Israel ao comezo da pandemia foi considerada como modélica polo conxunto dos organismos internacionais. Porén, a situación descontrolouse unha vez que autorizaron o retorno ás aulas.

O confinamento entrou en vigor hoxe e fixa unhas duras condicións para limitar a mobilidade co obxectivo de evitar a expansión do virus. Segundo sinalou o Executivo de Israel, os residentes non poden saír das súas vivendas a unha distancia superior a 500 metros, ficando, ao tempo, fechados escolas, edificios públicos, centros comerciais e estabelecementos hostaleiros.

O primeiro ministro, Benjamín Netanyahu, afirmou que as medidas van estar vixentes durante todas as vacacións até a festividade de Simjat Torá, que se celebra entre o 10 e o 11 de outubro, e adiantou a prohibición de reunións de máis de 10 persoas en espazos interiores ou de máis de 20 ao aire libre. “Isto pode ser o máis importante”, sinalou Netanyahu, quen destacou que “estes pasos teñen un custo moi alto para nós”.

Comentarios