Israel continúa a bombardear Gaza e déixaa sen luz e pesca

Uno de los recientes bombardeos de Israel a las instalaciones de Hamás en la Franja de Gaza como respuesta al lanzamiento de globos incendiarios por parte de ciudadanos palestinos.

Uno de los recientes bombardeos de Israel a las instalaciones de Hamás en la Franja de Gaza como respuesta al lanzamiento de globos incendiarios por parte de ciudadanos palestinos.


24/8/2020
photo_camera Un dos recentes bombardeos de Israel sobre a faixa de Gaza (Abed Alrahman Alkahlout / Zuma)

As autoridades de Israel prohibiron nas últimas horas a entrada de bens e de vehículos na faixa de Gaza a través do único paso comercial existente entre os dous territorios, o de Kerem Shalom, segundo informaron na segunda feira, 24 de agosto, as axencias internacionais citando fontes das forzas de seguridade de Palestina.

"O veto israelí exclúe alimentos e material médico", sinalaron estas fontes, salientando que "as autoridades de Israel impediron que camións con bens e vehículos modernos entrasen na faixa". A medida segue a decretada con anterioridade de vetar a entrada de combustíbel, disposición que "deteriorará gravemente" a situación do enclave: a primeira consecuencia foi o feche da única central eléctrica con que conta este territorio palestino. 

Globos incendiarios

As autoridades israelís non comentaron aínda a decisión oficialmente, mais a radio pública informou de que se tomara en resposta ao lanzamento de globos incendiarios desde Gaza cara a vilas do outro lado da fronteira. Segundo a emisora, foron un total de 18 destes artefactos durante a semana pasada.

Ademais, a aviación do Exército de Israel lanzou na segunda feira un novo ataque con bombas contra as infraestruturas de Hamas na faixa de Gaza. Deste modo, fanse dúas semanas ininterrompidas desta resposta militar por parte das Forzas de Defensa israelís.

"Houbo lanzamento de globos con explosivos desde Gaza a Israel durante todo o día. En resposta, acabamos de atacar os postos militares e a infraestrutura subterránea de Hamas en Gaza", anunciaron na súa conta do Twitter. Ademais, advertiron de que "seguimos preparados para operar de maneira decisiva contra calquera ameaza terrorista aos civís israelís e a súa soberanía", advertiron.

Aumento de hostilidades

Despois dunha relativa calma como consecuencia da pandemia da Covid-19, os ataques intensificaron este mes a través da fronteira. O lanzamento de globos incendiarios provocou que ardesen terreos agrícolas no sur de Israel. As autoridades israelís cualifican estes ataques como "terrorismo de globos".

O Goberno israelí, pola súa banda, ademais dos bombardeos e os vetos á entrada de combustíbel e outros bens, restrinxiu tamén a área de pesca fronte á costa da faixa de Gaza.

Comentarios