Israel bombardea a vivenda do ex-primeiro ministro palestino

O exército israelita atacou un parque, un hospital e destrozou a única pranta eléctrica de Gaza. Nas últimas horas matou máis dunha ducia de persoas, entre elas 8 crianzas.

ismail-haniyeh-hamas palestina
photo_camera Ismail Haniya

Vivendas civís, hospitais, refuxios da ONU, parques infantís... Os obxectivos do exército de Israel en Gaza (coa súa ringleira de centos de mortos) seguen a se ampliar. Nas últimas horas, destrozaron unha pranta eléctrica (a única existente na Franxa) e atacaron a vivenda de Ismael Haniya, ex-primeiro ministro da Autoridade Nacional Palestina (2006-2014) e un dos líderes políticos de Hamás.

No ataque á casa de Haniya non houbo mortos, como confirmou o propio líder de Hamás, un dos políticos máis carismáticos de Gaza e que goza dun amplo apoio popular. Mais este foi dos poucos ataques israelitas que non produciron vítimas.

O exército de Israel atacou campos de refuxiados e barrios da cidade de Rafah xerando numerosos mortos civís, entre eles oito crianzas. As máis de mil persoas mortas desde o comezo dos bombardeos non semellan preocupar a Tel-Aviv. Netanyahu anunciou que a ‘operación’ pode prolongarse e dixo que “non hai guerra máis xustificada que esta”.

Comentarios