Israel ataca Gaza desde o ar

Avións das Forzas Armadas israelitas lanzaron mísis no norte da Faixa de Gaza como resposta, di o goberno sionista, ao lanzamento dun foguete contra Sderot. 

JamalDajani
photo_camera [Imaxe @JamalDajani]

Por volta das 7.00 a.m desta madrugada --10 horas en Palestina-- segundo informa Al-Jazeera avións das Forzas Armadas israelitas atacaron desde o ar o norte da Faixa de Gaza. Fixérono, de acordo coas declaracións dun voceiro gobernamental desde Tel Aviv, após o lanzamento dun foguete desde territorio palestino ao sudeste da cidade de Sderot. O artefacto non causou ningún prexuízo humano ou material. 

Así as cousas, o Estado de Israel respondeu con armas militares causando, asegurou un portavoz do Ministerio de Saúde de Palestina, danos nun pé a un mozo de 17 anos. 

Israel atribuíu o foguete a Hamas e dixo dirixir o seu ataque contra "dous postos" da formación. 

Comentarios