Israel aplaude ao Goberno español por apoiar a proposta de Marrocos para o Sáhara

A cidade israelí de Sde Boker, en Néguev, foi escenario dunha cimeira sen precedentes que contou coa presenza de autoridades de Israel, Estados Unidos, Bahrein, Exipto, Emiratos Árabes Unidos e Marrocos.
WhatsApp Image 2022-03-28 at 21.28.00 (1)
photo_camera Manifestación a prol do pobo saharauí en Madrid. (Foto: Europa Press)

Israel expresou na segunda feira o seu apoio á proposta de autonomía de Marrocos para o Sáhara Occidental despois de que os ministros de Exteriores de ambos os dous Estados mantivesen unha reunión no marco dunha cimeira árabe-israelí.

O israelí, Yair Lapid, emitiu unha declaración tras a xuntanza con seu homólogo marroquí, Nasser Bourita, asegurando que traballarían xuntos para contrarrestar "os intentos de debilitar a soberanía e a integridade territorial de Marrocos".

Rabat defende que a súa proposta de 2007 de ofrecer autonomía ao Sáhara Occidental dentro de Marrocos é o máximo que pode propor como solución política ao conflito. Na mesma liña, Lapid eloxiou a mudanza de postura recente de España para apoiar o plan de autonomía de Marrocos, un paso que cualificou de "desenvolvemento positivo".

Marrocos acordou en 2020 normalizar os lazos con Israel baixo os chamados Acordos de Abraham que foron negociados por Estados Unidos. Como parte do acordo, e afastándose da política estadounidense tradicional, o entón presidente Donald Trump acordou recoñecer a soberanía de Rabat sobre o Sáhara Occidental.

Xuntanza inédita

A cidade israelí de Sde Boker, en Néguev, foi escenario da cimeira sen precedentes que contou coa presenza de autoridades de Israel, Estados Unidos, Bahrein, Exipto, Emiratos Árabes Unidos e Marrocos. Alí anunciaron a creación dun foro rexional permanente que se desenvolverá de forma anual.

O encontro supón un intento de Israel e dos seus aliados árabes de crear unha fronte contra o Irán na rexión. Lapid sinalou que as conversas sobre "capacidades comúns e seguridade rexional" permiten "intimidar e conter os inimigos, especialmente o Irán e os seus socios".

Comentarios