Israel, contra o acordo EUA-Irán en materia nuclear

Con Ahmadineyad na presidencia, Teherán mostrou o seu desexo de "varrer do mapa" o estado xudeo, así como o seu apoio aos gobernos de Hamas e Hezbollah na Palestina e no Líbano.

benjamin-netanyahu
photo_camera [Imaxe: SG]


"O que se asinou en Xenebra non é un acordo histórico senón un erro histórico", dixo o primeiro ministro israelí, Benjamin Netanyahu, a respeito da postura consensuada entre Irán e os EUA --na negociación estaban tamén Rusia, China, Alemaña, Reino Unido e Franza-- pola que Teherán se compromete a deter o procesamento de uranio enriquecido até o 20% e só o poderá facer por debaixo do 5%, suficiente para o uso civil. 

O programa nuclear iraniano paralizaríase así durante seis meses. A cambio terá acceso a 4.200 millóns de dólares en divisas como alivio das sancións. Con todo, o apoio que Teherán ten manifestado aos gobernos de Hamás na Palestina e de Hezbollah no Líbano acendeu ascríticas de Israel a ese acordo. Segundo Netanyahu "o mundo converteuse nun lugar máis perigoso porque o réxime máis poderoso deu un paso significativo para conseguir a arma máis perigosa do mundo". 

Que o seu aliado, os EUA, aceptaran o enriquecemento de uranio por parte de Irán "decepcionou" Israel, pois o que exixíao estado xudeo era que Irán fose obrigado a desmantelar as instalacións onde se enriquece o uranio. Dixo Netanyahu que o compromiso de Teherán é "unha concesión cosmética que se pode cancelar en cuestión de semanas". Con Mahmud Ahmadineyad na presidencia, Irán manifestou o seu desexo de "varrer do mapa" o estado xudeo.

Comentarios