Irlanda vota após 5 anos de austeridade, cunha coligazón gobernante á baixa e un Sinn Féin en ascenso

Os gobernantes Fine Gael e Laboristas non acadarían nas eleccións desta sexta feira apoio suficiente para recuncar, segundo as sondaxes. O Sinn Féin duplicaría representación.

irlanda

Irlanda vota este 26 de febreiro após 5 anos nos que a República pasou por un rescate a mans da Troika (2011-2014) e a consecuente vaga de recortes aplicados pola coligazón goberante, Fine Gael e Laboristas. Enquisas e sondaxes nestas semanas apontan a que ambos os dous partidos non sumarán nas urnas apoios abondo para reeditar goberno. Non tanto pola queda en votos que se lle vaticina ao partido do primeiro ministro, Enda Kenny, (Fine Gael pasaría do 36% obtido en 2011 a un 28-30%), senón polo descalabro do seu socio, o Partido Laborista. Estes caerían desde o 19% obtido hai cinco anos a ficar nestes comicios por baixo do 7%.

En 2011 as urnas puxeron fin ao goberno do conservador Fianna Fail, que levaba no poder desde 1997. O partido que historicamente dominou a política irlandesa tivo un 17,4% dos votos e 21 asentos, sendo superados de largo polo Fine Gael, con 76 escanos e o 36,1% dos sufraxios. Un importante apoio mais non de abondo para formar goberno, polo que houbo coligazón coslaboristas (37 deputados, 19% dos votos). O Sinn Féin irrompía en 2011 como cuarta forza, cun 9,9% dos sufraxios e conseguindo 14 representantes (nas anteriores eleccións tivera 4). O Parlamento completábase, entre outros, con representantes das 'esquerdistas' AAA (Coligazón contra a austeridade) e de WUA (Asociación dos Traballadores e Desempregados), que sumaron 5 asentos.

“É un día para o levantamento do pobo”

O Parlamento que os inquéritos vaticinan que vai sair dos comicios deste 26 de febreiro é diferente. O Fianna Fail recupera parte do apoio, até o 23%, mais sen lograr ser primeira forza. E medra o Sinn Féin, que obtería por volta do 17% dos votos. “Ë o día do pobo e pode ser o día do levantemento do pobo”, manifestou Gerry Adams a respeito desta sexta feira. “Estamos perante unha batalla das ideas”, dixo o líder republicano, entre os círculos de poder “e o pobo de Irlanda”.

Quen vai ter unha importante representación, sempre segundo os traballos demoscópicos publicados nestas semanas, van ser os candidatos independentes, que poderían acabar logrando até un quinto da Parlamento.

Coligazóns

Sen unha forza que atinxa a maioría absoluta, A maioría dos electores apostan, segundo os inquéritos do The Irish Times, por unha coligazón de Fine Gale, Laboristas e Independentes. É a escolla do 28% dos enquisados. Un 20% gosta dunha alianza entre as dúas principaos forzas da política irlandesa, Fine Gael e Fianna Fail. E un 17% prefiren un goberno do Sinn Féin co apoio dos independentes e da AAA, a alianza anti-austeridade, unha formación  

Comentarios