Unha Irlanda unida antes de que pasen 25 anos? Si, opinan a maioría dos irlandeses

A maioría dos cidadáns da República e o 43% dos irlandeses do norte votarían hoxe por un país reunificado.
irlanda norte belfast
photo_camera Bandeira irlandesa co lema "Nunca venceredes aos irlandeses" nun balcón de Belfast.

A maioría dos cidadáns da República de Irlanda e Irlanda do Norte cren que a illa estará unificada politicamente antes de 25 anos,  unha enquisa da BBC polo centenario da ‘partición’.

O 49% dos irlandeses do norte votaría hoxe por permanecer no Reino Unido, mentres que o 43% apoiaría unha Irlanda unida e o 8% opta polo “non sabe”. Pola contra, o resultado na República de Irlanda xa sería a favor da reunificación, cun 51% de votos a favor, un 27% en contra e un 22% que ‘non saben’.

Cando se lles pregunta se cren que Irlanda do Norte seguirá facendo parte do Reino Unido dentro de dez anos, 55% dos irlandeses do norte din que si, así como o 59% dos habitantes da República de Irlanda, pero, en contraste, o 51% dos cidadáns de Irlanda do Norte e o 54% do resto de Irlanda cren que en 25 anos vaise producir a reunificación.

A enquisa realizouse durante o período de Semana Santa, cando houbo episodios de violencia en varias áreas unionistas polo descontento coa xestión fronteririza do ‘Brexit’, o desencanto cos Gobernos de Belfast e Londres e a sensación en sectores ‘lealistas’ que o proceso de paz derivou nun escenario no que o nacionalismo irlandés vai gañando.

Comentarios