xoves 04/03/21

Irán responde a EUA cun ataque a 2 bases en Iraq

Unha vintena de mísiles impactaron en Ain Al Asad e Erbil, 2 das 5 bases con presenza de tropas estadounidenses en Iraq.
mísil imaxxe arquivo
Imaxe de arquivo

Irán atacou na noite da terza á cuarta feira dúas bases en Iraq con presenza de tropas estadounidenses lanzando varios mísiles contra eses obxectivos no que é unha resposta desde Teherán ao asasinato do líder iraniano Soleimani.

O Pentágono confirmou que máis dunha ducia de mísiles impactaron en dúas bases aéreas, Ain Al Asad e Erbil, que acollen tropas norteamericanas despregadas en Iraq e afirmou que está claro que os mísiles foron “lanzados desde Irán”.

Medios de Teherán falan de importantes baixas entre os soldados de EUA, mentres o Pentágono nega ese extremo

Pola súa banda, os Gardiáns da Revolución anunciaron que o ataque das forzas aéreas contra a base militar é un primeiro paso da “vinganza” polo asasinato do comandante Qasem Soleimaní.

EUA dixo que o ataque non causou baixas estadounidenses mais si de civís iraquianos, isto último foi desmentido por Bagdad, que tamén desbotou interpretar o ataque iraniano como unha agresión a Iraq.

Nunha carta a Nacións Unidas, desde Teherán indicaban que esta acción non era con intención de dar pasos dara a unha guerra mais unha resposta ao asasinato dun dos seus comandantes.

comentarios