Irán planea un confinamento indefinido para controlar a nova vaga de coronavirus

O aumento drástico de contaxios obriga a cambiar a liña que estaba a seguir a política sanitaria no país. A medida entrará en vigor o 21 de novembro.
Os últimos datos colocabanse en 11.737 novos casos de coronavirus en 24 horas en Irán [Europa Press / Ahmad Halabisaz].
photo_camera Os últimos datos colocabanse en 11.737 novos casos de coronavirus en 24 horas en Irán (Foto: Europa Press / Ahmad Halabisaz).

O presidente de Irán, Hasán Rohani, anunciaba hoxe a entrada en vigor, a partir da próxima semana, concretamente do 21 de novembro, dunha nova fase de confinamento, de carácter indefinido.

O obxectivo é conter a pandemia no país, co argumento de que resulta “imprescindíbel para salvar vidas”.

O Goberno proporcionará ao longo da vindeira semana máis detalles sobre o carácter deste confinamento, declarado após unha repunta moi grave de casos en Irán.

Isto vén de provocar un xiro brusco na política sanitaria, que até o momento se empeñaba en aprazar esta situación dada a crítica situación económica.

Os últimos datos colocaban, segundo o Ministerio de Sanidade iraniano de 11.737 novos casos de coronavirus en 24 horas, una cifra próxima ao récord estabelecido a cuarta feira (11.780) e que empurra o balance provisional de positivos até os 738.322.

Comentarios