Cs racha con Valls por apoiar Colau

Valls xa está onde quería: coas mans ceibas para facer política sen depender de Ciudadanos. Albert Rivera terá problemas para explicarlle a Emmanuel Macron por que pacta con Vox ao tempo que expulsa Valls das súas filas.

Inés Arrimadas
photo_camera Inés Arrimadas

A ruptura con Valls pode lerse tamén en clave da sesión de investidura de Pedro Sánchez: que perda Ferraz toda esperanza de contar cos votos de Cs para evitar que o PSOE dependa por activa ou por pasiva dos votos das formacións independentistas.

"Decidimos separarnos do grupo de Valls e teremos grupo propio", anunciou esta segunda feira Inés Arrimadas, a número 2 da formación laranxa.

A ollos de Cs, hai "moi pouca diferenza entre Maragall e Colau", o que restaría todo simbolismo á voto afirmativo de Valls á reelección da líder de Barcelona en Comú. 

E se ficase algunha dúbida sobre o posicionamento estratéxico de Cs no flanco dereito, Arrimadas desbotou a abstención do seu partido na investidura do candidato do PSOE a presidir o goberno central. "Teriamos un tsunami de críticas se désemos apoio a Sánchez, que está pactando con Bildu. O sanchismo é mao para España; é capaz de negociar con Junts per Catalunya e de pactar con ERC".

Comentarios