Ione Belarra perfílase para suceder Pablo Iglesias á fronte de Podemos

Yolanda Díaz estará á fronte do partido no Goberno de coalición co PSOE e pode ser candidata nas próximas eleccións españolas.

Ione Belarra, portavoz de Unidas Podemos.
photo_camera Ione Belarra.

Ione Belarra prepárase para suceder a Pablo Iglesias á fronte de Podemos após que o aínda líder dos morados anunciase que renuncia a todos os cargos, segundo InfoLibre. 

A dirección de Podemos analizou os resultados e empezou a dar os pasos para substituír o fundador do partido, que podería materializarse nunha asemblea cidadá, o máximo órgano da formación, antes do verán. Se finalmente as bases optan por Belarra, terá que partillar liderado con Yolanda Díaz, que estará á fronte do partido na coalición de Goberno estatal.

A actual ministra de Dereitos Social e Axenda 2030, é a dirixente con mais opcións de suceder a Pablo Iglesias como secretaria xeral de Podemos

Belarra forma parte do núcleo de confianza mais próximo de Pablo Iglesias e xa sucedeu o  ex vicepresidente á fronte do Ministerio cando este deu o salto a Madrid. De feito, durante este ano e medio no Goberno español foi a súa man dereita como principal negociadora en asuntos como a lei de vivenda.

Está por ver cando Yolanda Díaz dará o paso como candidata á presidencia formando esa dupla coa dirixente navarra.

Comentarios