Investigan a 12 instrutores do exército de EEUU por ducias de abusos sexuais a mulleres soldado

Seis oficiais deberán comparecer ante un Consello de Guerra por cargos como 'agresión sexual agravada'

O goberno de EEUU vén de abrir unha investigación sobre 12 instrutores da base das Forzas Aéreas de Lackland, Texas, polas súa implicación en ducias de casos de abusos sexuais a mulleres soldado. Seis dos oficiais deberán afrontar un consello de guerra por cargos como o de 'agresión sexual agravada', e que poderían conlevar mesmo penas de cadea perpetua

Máis casos

Até o de agora téñense identificado 31 soldados que foron vítimas destes abusos, aínda que non se descarta que ese número vaia en aumento

Este é o caso máis grave de abusos sexuais dentro das forzas armadas de EEUU desde que en 1996 un total de 50 mulleres denunciaran aos seus instrutores na base do exército en Aberdden (Maryland)

O propio Pentágono calcula en 19.000 os casos de abusos sexuais que se poden producir anualmente no seo das FF.AA de Estadous Unidos

"Para os soldados estadounidenses unha muller é só unha destas tres cousas: Un  bicho, unha puta ou unha lesbiana". A frase corresponde a Mickiela Montoya, soldado de EEUU que combateu en Irak e sufriu un 'verdadeiro pesadelo' polos seus propios 'camaradas de armas'.

Mickiela Montoya, muller marine de EEUU: "Para os soldados estadounidenses unha muller é só unha destas tres cousas: Un  bicho, unha puta ou unha lesbiana"

E as civís dos países ocupados?

Se ben o propio goberno e autoridades de EEUU adoitan poñer este tipo de xuizos como compromiso na loita contra os abusos sexuais no exército, desde ONGs e diferentes colectivos dese país lembran que as verdadeiras 'barbaridades' en cuestións de abusos sexuais cometidas por soldados estadounidense danse coa poboación feminina dos países ocupados ou con presenza destas tropas (Irak ou Afganistan, entre outros).

Neste sentido, ONGs teñen documentado e denunciado ducias de casos de viololacións cometidas por ocupantes estadounidenses en Iraq sobre mulleres iraquís, mesmo nenas de 14 anos, como foi o caso de Abeer Qasim Hamza,violada, asasinada e queimada por varios soldados ante a súa propia familia.

Comentarios