Interior investiga se Raxoi saltou o confinamento para facer exercicio

Raxoi
photo_camera Imaxe de La Sexta de Raxoi o pasado domingo.

O ministro do Interior, Fernando Grande Marlaska, asegurou que están investigando para comprobar se é certo que o ex presidente Mariano Raxoi está a incumprir o confinamento para facer exercicio.

Marlaska especificou que "se están a realizar as investigacións oportunas para verificar este punto". O ministro defendeu que nun estado de dereito o principio de legalidade é o elemento e o alicerce base.

Por iso, deixou claro que se aplicará a norma nos termos nos que se debería aplicar no caso de que se demostre que Raxoi incumpriu o confinamento. "O nome non determina nin unha aplicación nin outra da mesma", remarcou.

O decreto en base ao que se fixa o estado de alarma pola pandemia de COVID-19 non permite practicar deporte na rúa e obriga ao confinamento da cidadanía, que só pode saír do domicilio para ir traballar, adquirir produtos de primeira necesidade ou cuestións de urxencia.

Comentarios