Os inquéritos apontan unha vitoria independentista nun novo referendo escocés

A líder dos conservadores en Escocia defende o dereito do país a realizar unha segunda consulta e pide a Londres que non a bloquee.

Escocia

Tres enquisas feitas após a vitoria do 'Brexit' aponta a unha vitoria independentista de se convocar agora un referendo en Escocia sobre se permanecer ou non no Reino Unido. As sondaxes defiren en canto á amplitude do triunfo (desde 3 até 7 puntos de diferenza a favor do si á independencia), mais non no sentido do voto, claramente partidario de rachar amarras con Londres. As enquisas tamén indican que os escoceses son favorabeis a repetir o referendo de independencia e consideran antidemocrático que o seu país teña que marchar da Unión Europea contra a súa vontade. Na consulta do pasado 23 de xuño o 52% dos votantes británicos optaron por marchar da UE mentres que en Escocia o 62% votaron a favor de permanecer.

Mentres as enquisas volven poñer en primeira liña do debate a convocatoria dun novo referendo independentista, Ruth Davison, líder do partido Conservador en Escocia, xa apontou que o novo primeiro ministro británico, sexa cal for, debería de aceptar unha petición para realizar esa consulta. Se ben considera que facer agora un referendo pola independencia sería “prematuro”, entende que Londres non podería bloquear esta demanda escocesa. Acusou os nacionalistas escoceses de poñer por diante a súa ideoloxía dos intereses de Escocia e afirmou que ela foi, é e será unha firme defensora de permanecer en Gran Bretaña, mais é partidaria de que os escoceses poidan opinar ao respecto dun referendo. 

Información de Nationalia.cat

Comentarios