A infanta Cristina será xulgada após rexeitar o Tribunal aplicarlle a 'Doutrina Botín'

A irmá do monarca español seguirá no banco dos acusados polo 'Caso Nóos'

O Borbón con Urdangarín e a súa filla Cristina
photo_camera O Borbón con Urdangarín e a súa filla Cristina

A Audiencia Provincial de Baleares acordou mediante un auto que a infanta Cristina continúe no banco dos acusados e sexa xulgada como cooperadora necesaria de dous delitos fiscais no marco do 'Caso Nóos'. O Tribunal rexeita así aplicar a 'doutrina Botín', como solicitara a defensa da irmá de Felipe VI. 

O Tribunal desestimou a pretensión da defensa da Infanta, que solicitara a anulación parcial do auto de apertura de xuízo oral e arquivara o caso no que se refire á responsabilidade penal de Cristina de Borbón, unha tese que tamén apoiaron a Fiscalía Anticorrupción e a Avogacía do Estado, que exerce a acusación particular en nome de Facenda.

Comentarios