Tórnase o 62º Estado a validar o tratado

A India ratifica o acordo de París

Coincidindo co Día Internacional da Non Violencia a India entrega a ratificación do Acordo de París sobre Mudanzas Climáticas.

patna
photo_camera Patna, na India, unha das cidades máis contaminadas do mundo. Foto: Prensa Libre

A India entregou este domingo día 2 nas Nacións Unidas os documentos de ratificación do Acordo de París sobre alteracións climáticas. O país, responsábel do 4,5% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro, tórnase o 62º Estado a validar o tratado adoptado xa por 185 estados e que prevé que os países ricos e pobres tomen medidas para limitar o aumento da temperatura global.

Os Estados adoptaron planos para reducir as emisións a fin de limitar o aumento da temperatura global polo menos 2°C. Até 2030, a India comprometeuse a xerar por volta do 40% da súa electricidade a partir de fontes non fósiles, o que inclúe producir 175 xigawatts de enerxía renovábel até 2022.

O Acordo de París entrará en vigor cando for confirmado por 55 estados que contribúen para polo menos 55% das emisións globais.

Un mundo máis saudábel

As Nacións Unidas marcaron este domingo como o Día Internacional da Non Violencia, con foco na sostibilidade e no medio ambiente. Coincidindo coa data, no día de anos de Mahatma Gandhi. a India entregou, na sede da organización en Nova York, a súa adehesión ao acordo de París. O secretario xeral, Ban Ki-moon, pediu aos países que terminen os seus procesos de ratificación e un esforzo en accións para atinxir o progreso a través da non violencia "esencial para a construción dun mundo máis seguro, máis saudábel e máis pacífico"

A ratificación do acordo leva o mundo a dar un paso importante para o tratado poder vigorar  o máis rapidamente posíbel.

Na mensaxe sobre a data, Ban destaca o compromiso coa causa da paz, como foi exemplificado pola vida do líder pacifista indio que naceu hai 147 anos. A entrega da ratificación do Acordo de París pola India é para Ban " a mellor forma de celebrar e o seu legado"

Co compromiso da India, o acordo precisa pouco máis de 3% para chegar a ese limiar do 55% de estados e 55% de emisións.