O si á independencia atinxe 92,7% no referendo en Curdistán sur

A participación foi de 72%. O non representou 7,3% dos votos.

kurdistán refrendo voto imaxe de @JccKrg

A Alta Comisión Electoral do Curdistán iraquiano anunciou que máis de 92% dos votantes no referendo de independencia desta segunda feira votou si embora a oposición do goberno central e da comunidade internacional.

Nunha comparecencia de imprensa na capital do Curdistán iraquiano, Erbil, o responsábel da CEC,  Handarin Mohamad, anunciou que 92.73% das máis de 3 millóns de persoas que acudiron  ás urnas apoiou a independencia, nunha consulta que rexistrou unha participación dde 72,16 por cento.

Ademais, 7,27% votou polo non e houbo 1,21% de voto nulo. Mohamab salientou que o refrendo desenvolveuse con normalidade, “sen problemas” e que diso foron testemuñas os observadores internacionais. Tamén anunciou que os resultados serán considerados definitivos cando sexan confirmados polo Tribunal de Apelacións do Curdistán, mais non concretou a data.

As autoridades curdas destacaron en días pasados que a independencia non sería declarada após se coñecer os resultados do referendo senón que apostaban en abrir un proceso de diálogo con Bagdag. Porén, desde Iraq xa desbotaron dialogar. Bagdag xa anunciou que non pensa falar co goberno autónomo do Curdistán sur sobre os resultados do referendo de autodeterminación pois é “ilegal” e vai contra a constitución e integridade territorial

Comentarios