A medida leva en vigor dende maio do 2017

O imposto do azucre aplicado en Catalunya reduce o consumo

Un estudo da UIC avala o imposto as bebidas azucaradas de Catalunya.
Vaso cunha bebida azucarada. pxhere / Creative Commons
photo_camera Vaso cunha bebida azucarada. (Foto: pxhere / Creative Commons)

Un estudo liderado pola Universitat Internacional de Catalunya determina que case tres anos despois da posta en marcha do imposto as bebidas azucaradas en Catalunya houbo unha redución media por persoa do 2.2% no consumo mensal de bebidas azucaradas.

Esta medida, que retrasou a súa entrada en vigo pola suspensión do Tribunal Constitucional, resultou na baixada de compras de colas (-6,4%), refrescos (-4,1%), zumes de alto contido en azucre (-3.9%) e batidos (-3%).

O estudo publicado na revista Social Science & Medicine amosa o cambio no consumo neste sector, cun aumento nas compras de batidos e zumes con baixo contido en azucre dun 17,5% e un 1,8% respectivamente.

O mesmo acontece cos zumes que non están afectado pola norma, que incrementan o seu consumo nun 2.4%.

O imposto grava todas as bebidas embotelladas que conteñan edulcorantes calóricos engadidos: 8 céntimos de euros por litro para bebidas que teñan entre 5 e 8 gramos de azucre por 100 ml, e 12 céntimos de euros por litro para bebidas que conteñan máis de 8 gramos de azucre por 100 ml. Este imposto ten que ser aplicado directamente as persoas que consuman este produtos.

O estudo foi dirixido por Toni Mora, director do Instituto de Investigación en Avaluación e Políticas Públicas da Universitat Internacional de Catalunya (IRAPP - UIC Barcelona), xunto á investigadora Eleonora Fichera (Universidad de Bath), Beatriz G. López-Valcárcel (Universidad de las Palmas de Gran Canaria) e David Roche (IRAPP - UIC Barcelona).

Mora afirma que os datos avalan a política posta en marcha pola Generalitat e solicita que o Goberno español implante esta medida en todo o Estado. Tamén explica que é fundamental impulsar novas políticas para cambiar hábitos e combater a obesidade.

Comentarios