Hugo Chávez gaña as súas terceiras eleccións presidenciais con preto de 8 millóns de votos

O mandatario venezonalo, que concorría á reelección auspiciado polo Gran Polo Patriótico, superou en 10 puntos ao líder opositor, Henrique Capriles, quen xa recoñeceu a derrota e aceptou o resultado.
Hugo Chávez celebra a vitoria desde o Balcón do Pobo de Miraflores
photo_camera Hugo Chávez celebra a vitoria desde o Balcón do Pobo de Miraflores

Hugo Chávez Fría vén de ser electo por terceira vez consecutiva Presidente da República Bolivariana de Venezuela, país que gobernará até 2019. Chávez auspiciado polo denominado Gran Polo Patriótico integrado polo PSUV, o PCV e outras forzas de esquerda, logrou 7.860.982 de votos, o 54,81% do emitidos onte nunha xornada que contou cunha participación elevadísima que atinxiu o 80,25%. Dez puntos por detrás quedou o candidato opositor, lanzado pola Mesa de Unidade Democrática na que converxeron os partidos da dereita.

O Presidente Chávez gañou en todos os Estados do país, en seis deles por máis do sesenta por cento, agás en Medina e Tachira, onde a vitoria foi para Capriles. O candidato opositor, que tamén foi derrotado no Estado de Miranda do que é Gobernador, tería sido a opción máis votada pola comunidade venezonala no exterior, mais inda non foron publicados os datos.

Henrique Capriles asumiu a súa derrota e fixo pública a súa aceptación dos resultados dun proceso electoral que non rexistrou incidentes. Jimmy Carter, expresidente dos EUA, cualificaba días atrás o sistema electoral venezolano como o mellor do mundo.

>> Haberá ampliación

Comentarios