Horas baixas de Donald Trump após o ataque ás mulleres

Donald Trump, o candidato republicano á Presidencia dos EUA, atravesa o peor momento da súa campaña. Un vídeo con declaracións machistas rexistradas hai unha década está a saírlle caro ao aspirante a ocupar a Casa Branca. No seu partido érguense voces críticas.

Trump
photo_camera Donald Trump

“Cando es unha estrela, déixante facerlles calquera cousa. Agarralas pola cona”. Estas foron algunhas das verbas que saíron da boca de Donald Trump, candidato republicano á Casa Branca, e que foron recollidas nun vídeo de hai unha década que fixo público esta fin de semana o Washington Post. Nesta peza, Trump referíase ás mulleres en termos profundamente machistas e rudos. Unhas palabras que deixan o aspirante a substituír Barack Obama en horas baixas.

No propio Partido Republicano comezaron a erguerse voces que piden a cabeza de Trump. O propio candidato á vicepresidencia, Mike Pence, amosouse publicamente ofendido polas expresións do magnate e a cúpula do partido freou parte da súa campaña.

Para Trump, as declaracións machistas son "só palabras"

O candidato, que desbota retirarse da carreira cara ao despacho oval, pediu perdón polas declaracións en que narra como abusa das mulleres. Porén, asegurou que, para el, son “só palabras”. “Calquera me coñeza sabe que esas palabras non me definen”, engadiu. Non é a vez primeira que Trump fai gala do seu machismo. No primeiro debate presidencial, a súa rival, Hillary Clinton, atacábao polos seus comentarios ofensivos, “Miss porquiña” e “Miss ama de casa”, para se referir a unha gañadora dun concurso de beleza do que el era propietario.

Unha "distracción"

Trump, que se tes que enfrontar ás voces críticas no seu propio partido, considera que a publicación do vídeo “forma parte dun plan para desviar a atención dos temas importantes”. As súa “desculpa” non fai máis que demostrar o seu comportamento machista, pois advertiu de que o vídeo é “unha distracción dos temas importantes”.

Comentarios