Un home mata a súa nai e irmá en París nun ataque con coitelo reivindicado por Daesh

Berrou  “Alá é o máis grande” e posteriormente foi abatido pola policía.

Trappes
photo_camera Trappes

O Daesh (Estado Islámico) reivindicou un ataque con coitelo nesta quinta ffeira no que no mínimo 2 persoas resultaron mortas e outra foi ferida de gravidade por un home con coitelo que berrou “Alá é o máis grande”. O home foi abatido pola policía en Trappes, na rexión de París, segundo informan medios franceses. Sgundo fontes policiais, as persoas falecidas serían a nai e irmán do atacante.

Un comunicado oficial publicado en internet pola axencia de noticias Amaq –empregada polo Daesh para reivindicar as súas acción- afirma que o atacante era “un combatente do Estado islámico”. Porén, non ofreceu ningunha proba diso.

Á agrada de que as autoridades xudiciais se pronuncien sobre a natureza dos feitos, a cadea BFM TV incidiu en que os investigadores tratan de esclarecer os posíbeis vínculos entre o agresor e as vítimas e non exclúen a pista dun conflito familiar.

Comentarios