Hollande, primeiro xefe de estado francés que visita Cuba

O mandatario galo reuniuse con Raúl Castro e visitou Fidel Castro.

Presidente-francés-visita-a-Fidel-Castro-en-La-Habana
photo_camera Foto: Alex Castro (cubadebate)

François Hollande viaxou oficialmente a Cuba, converténdose así no primeiro xefe de estado francés en visitar a illa, o que foi cualificado polo goberno de A Habana como “visita histórica”. Hollande mantivo unha xuntanza con Raúl Castro, un encontro no ambos os dous coincidiron na necesidade de multiplicar o intercambio entre os dous países a través dos bloques de cooperación rexional. Hollande afirmou que América latina e o Caribe son escenarios chamados a ter ser área xeográfica protagonista no XXI, e que Francia quer estar presente, lembrando o vínculo francés con esas zonas. Algo que contrasta coa postura do Estado español, de afastamento e partidario do isolamento de Cuba.

Entre outros actos, durante a visita de Hollande a Cuba, o mandatario francés mantivo unha xuntanza con Fidel Castro, reunión na cal -segundo a prensa cubana- intercambiaron opinións e pareceres sobre cuestións de política internacional. Fidel agradeceu a FranÇois Hollande ser o primeiro presidente galo en visitar a illa e lembrou que un dos textos da súa mocidade foi a literatura relacionada coa Revolución Francesa.

Hollande vai acompañado dunha delegación de altos cargos do goberno e do mundo social e empresarial francés, nunha visita que o Elíseo considera de “alto rango”. O novo escenario creado após os pasos para 'desbloquear' as relacións entre Cuba e EUA están e levar a certos estados europeos a apostar en variar a súa tradicional actitude cara á illa. Unha nova liña na que semella non estar o Estado español.

Comentarios