Hernando ve "nazi" o paro xeral e acusa Puigdemont de se agachar tras "turbas violentas"

"Teño a sensación de que ERC e a CUP desexan que haxa mortes", afirmou esta cuarta feira Rafael Hernando, o portavoz do grupo parlamentar que dá suporte ao Goberno que o 1-O lanzou un brutal ataque represivo contra as persoas que exercían o seu direito de voto.

RH
photo_camera Rafael Hernando

Hernando -autor de frases tan insidiosas como aquela que atribuía afán de lucro ás familias das vítimas da ditadura que procuraban os restos dos seus seres vivos- voltou a mostrar esta cuarta feira o seu rosto de doberman da política cunhas declaracións contra o paro xeral que se está a viver en Catalunya en protesto pola represión policial.

"A folga de Catalunya é política, de corte nazi", afirmou Hernando, quen acusa Puigdemont de se agachar tras "turbas violentas" que, segundo dixo, estarían a cortar estradas e a causar dano á economía catalá.

Hernando acrecentou a seguir que sob o seu ponto de vista "a ERC e a CUP desexa que haxan mortes en Catalunya", unha declaración que non vai precisamente na dirección de criar as condicións para restaurar o diálogo entre Madrid e Barcelona.

O portavoz conservador entende que o 1-O se visualizou que millóns de cataláns non secundan os planos independentistas, o que está a levar Puigdemont a tentar reverter a situación póndose ao fronte dunha "turba de violentos".

Rafael Hernando en estado puro.

Comentarios