Hamas e Israel resolven acabar coa escalada de ataques do último mes

O acordo se lograra coa mediación de Qatar, que entregará ademais 30 millóns de dólares ás autoridades de Gaza para a compra de combustíbel, salarios de funcionarios e axuda humanitaria.
01 September 2020, Palestinian Territories, Gaza: A fuel tanker arrives at Gaza power plant, as Israel reopened its only border crossing for goods deliveries to the Gaza Strip, after reaching a ceasefire agreement with the Palestinian Islamist Hamas movement. Photo: Ashraf Amra/APA Images via ZUMA Wire/dpa
ONLY FOR USE IN SPAIN

01 September 2020, Palestinian Territories, Gaza: A fuel tanker arrives at Gaza power plant, as Israel reopened its only border crossing for goods deliveries to the Gaza Strip, after reaching a ceasefire agreement with the Palestinian Islamist Hamas movement. Photo: Ashraf Amra/APA Images via ZUMA Wire/dpa

1/9/2020 ONLY FOR USE IN SPAIN
photo_camera Un camión cun tanque de combustíbel chega na terza feira á planta eléctrica de Gaza (Ashraf Amra / APA Images)

O Movemento de Resistencia Islámica (Hamás) anunciou  nas últimas horas que pactara un cesamento do fogo con Israel para pór fin á escalada do último mes, que implicou o lanzamento de globos incendiarios desde Gaza e a resposta de Israel con bombardeos diarios.

O Goberno de Israel non confirmou o acordo explicitamente, aínda que si o fixo tacitamente ao anunciar a inmediata reapertura da zona de pesca de Gaza ao completo e dos pasos fronteirizos.

"Esta decisión será posta a proba sobre o terreo. Se Hamas, responsábel de todas as accións da faixa de Gaza, non cumpre coas súas obrigacións, Israel actuará en consecuencia", explicou o enlace militar israelí cos palestinos nun comunicado recollido por The Times of Israel.

Pola súa banda, Hamás sinalou que o acordo se lograra coa mediación do enviado qatarí Mohammed Al-Emadi, que se reuniu na última semana con responsábeis de ambos os bandos.

Qatar entregará ademais 30 millóns de dólares ás autoridades de Gaza para a compra de combustíbel, para pagar os salarios dos funcionarios e para axudar as familias máis desfavorecidas. O combustíbel é fundamental para Gaza ─nunha situación crítica pola pandemia─ xa que a súa única central eléctrica funciona con diésel.

Voo Israel-EAU

Por outra banda, o primeiro ministro da Autoridade Palestina, Mohammed Shtayyeh, dixo que era "doloroso" ver un avión israelí aterrar nos Emiratos Árabes Unidos, e condenou a simbólica chegada a Abu Dabi do primeiro voo comercial entre Israel e o país árabe, informa a axencia Wafa.

É "unha clara violación da postura árabe sobre o conflito palestino-israelí", manifestou Shtayeh, e agregou que "teriamos gostado moito de ver aterrar un voo dos EAU en Xerusalén despois da súa liberación".

Comentarios