Habent papam: Jorge Mario Bergoglio, arcebispo de Bos Aires, liderará o catolicismo como Francisco I

Bergogglio, un prelado do sector conservador, é o primeiro papa latinoamericano, o primeiro xesuíta e o primeiro Papa que se chama Francisco na historia. Foi o segundo cardeal máis votado no conclave no que se elixiu Ratzinger.

Jorge Mario Bergoglio, de 76 anos, foi electo como novo Papa, o máximo representante da igrexa católica. Exercerá o papado como Francisco I, un nome que remite para a orde franciscana e que, segundo afirmaron persoas do seu entorno, testemuñan a aposta deste prelado polos pobres.

Con todo, estamos perante un cardeal de tendencia conservadora. Bergloglio librou unha dura batalla contra os gobernos Kirchner ao rexeitar o matrimonio das parellas do mesmo sexo, a lei de morte digna e á distribución de anticonceptivos de maneira gratuíta. Renunciou aos 75 anos a ser arcebispo de Bos Aires.

Comentarios