ANÁLISE NO SERMOS 263

A guerra siria entra nunha nova fase

A liberación da cidade de Deir-Ez-zor supuxo un importante éxito militar para Siria e un salto cualitativo na guerra. O retroceso de Daesh sobre o terreo, coloca as ribeiras do río Éufrates no centro do conflito. Ultrapasalas para recuperar o leste do país será o obxectivo das vindeiras semanas e meses.

Screen Shot 2017-09-15 at 20.04.07

Todos os actores presentes no escenario sirio ficaron sen dúbida sorprendido pola rapidez coa que o exército gobernamental, coa colaboración da aviación e da mariña rusas, foi quen de superar as defensas do autoproclamado Estado Islámico na cidade de Deir-Ez-zor. Hai que ter en consideración, que nesta urbe, a máis importante do leste de Siria, e cunha parte ocupada, concentráronse as tropas do Daesh que fuxiron de Mosul e doutras partes de Iraq. Falábase mesmo de que ía ser a capital do Califato, en substitución de Raqqa. Trátase dunha cidade estratéxica, no centro da zona petroleira máis importante de Siria, próxima á fronteira iraquí, e formando parte da franxa densamente poboada do río Éufrates

SG263_MINI_17 (1)

Todo indica que o éxito da operación militar foi posíbel porque, despois de liberaren As Sukhnah, na estrada que une Palmira e Deir-Ez-zor, as forzas do Goberno cercaron e illaron nunha bolsa que está en proceso de eliminación, o importante e extenso feudo do Daesh ao leste de Salamiyah, impedindo unha incursión desde a retagarda cara o val do Éufrates. Asemade, logo de tantas derrotas, a moral do Daesh baixou moito (algo que está a xogar un papel central). No entanto, ademais do apoio exterior, o exército sirio fortaleceuse e gañou unha maior experiencia de combate. Tampouco se pode ignorar que a liberación de Deir-Ez-zor era urxente, xa que foi parcialmente ocupada e cercada desde o ano 2014. A maior parte ficou en mans do Goberno, albergando aínda hoxe uns 90.000 habitantes, e incluíndo o aeroporto. Este último ficou illado da cidade hai uns meses despois de fortes combates.

[A íntegra desta análise de Manuel Mera aparece no Sermos Galiza 263, disponíbel na nosa loxa e nos pontos de venda habituais]

Comentarios