Un grupo de persoas ataviadas cunha bandeira española rouban unha placa na casa de Carles Puigdemont

Imaxe das cámaras de seguridade facilitada por Carles Puigdemont (Foto: KRLS)
photo_camera Imaxe das cámaras de seguridade facilitada por Carles Puigdemont (Foto: KRLS)

O expresidente da Generalitat de Cataluña, Carles Puigdemont, denunciou que "un grupo de seis persoas coa bandeira española arrincaron unha placa coa frase 'Casa da República” no exterior da súa casa de Waterloo (Bélxica), fuxindo posteriormente.

Denunciouno ante a policía belga e fíxollo saber ao presidente do Parlamento Europeo, David  Sassoli, segundo explicou nun chío publicado na súa conta en Twutter.

"Non aceptarei ningunha violencia nin ningunha intimidación ao meu compromiso político", engadiu o ex-presidente.

Comentarios