Grecia realizará eleccións no verán ao fracasar a proposta dun goberno de coalición nacional

“Polo amor de Deus, avancemos cara a algo mellor e non a peor”, manifestou o representante do Pasok, Vénizelos, tras o fracaso da reunión que convocou o seu partido

Parlamento grego
photo_camera Parlamento grego

Grecia volverá a ter unha cita coas urnas, probabelmente o 17 de xuño, tras fracasaren as negociacións que mantiñan parte das organizacións políticas para analizar a posibilidade de constituír un goberno con suficiente apoio. Esta semana formarase un goberno de transición, cuxa composición aínda non se coñece, e que será o encargado de organizar os comicios.

O encontro entre os partidos para intentar alcanzar un acordo extendeuse durante unhas catro horas. Estaban presentes o líder de Nova Democracia, Antonis Samaras; de Coalición de la Esquerda Radical (Syriza), Alexis Tsipras; de Movemento Socialista Panhelénico (PASOK), Evangelos Venizelos; e do Partido Independente Grego, Panos Kammenos, os grupos políticos máis votados nas eleccións lexislativas do pasado 6 de maio.

Tamén asistiu ao encontro Fotis Kouvelis, líder de Dereita Democrática. Aleka Papariga, representante do Partido Comunista (KKE), rexeitou o convite, mentres que o líder do partido neonazi Mencer Dourado, Nikos Mihaloliakos, non foi convidado.

Comentarios