Grecia asume que ten que aplicar políticas de austeridade para acceder ao novo rescate

O Parlamento heleno vota esta sexta feira a proposta que Atenas remitiu a Bruxelas para obter un novo rescate e evitar o 'Grexit'. Tsipras recorda aos seus compañeiros de Syriza que o mandato das urnas "era para un acordo mellor" e non "para saír do euro".

Tsipras europeo

O goberno grego enviou esta quinta-feira á noite a Bruxelas unha proposta que, de acordo cos meios de comunicación helenos, implica un pacote de austeridade entre os 12 e os 13 mil millóns de euros, para obter a cambio un empréstimo de 50 mil millóns a tres anos e unha promesa das institucións de alívio os prazos da débeda. Tsipras asume tocar IVE e Seguridade Social en temas como as pensións, algo que se rexeitaba de plano de anteriores propostas de acordo. De acordo coo xornal grego E Kathimerini, Alexis Tsipras enfrentou oposición dentro do propio Executivo para elaborar esta proposta que se remitiu a Bruxelas, nomeadamente por parte de Panagiotis Lafazanis, ministro da Enerxíaa e unha das voces da ala esquerda de Syriza.

Na proposta hai compromiso de reforma da administracións, de completar programas de privatizacións, de suba do IVE ou de 'recortes' nas pensións. Ademais, tampouco hai, segundo estas fontes, referencias a quitas ou reestruturación de débeda. Esta sexta feira o Parlamento grego deberá aprobar este pacote e Tsipras xa chamou á responsabilidade, mesmo aos parlamentares do seu propio partido, consciente de que as medidas levantan 'ronchas' en certos sectores de Syriza.

E que medidas se propoñen? No IVE fíxase un 13% para auga, alimentos básicos, enerxía... e o resto pasa ser do 23%. Para medidamentos redúcese de 6,5% a 6 e á restauración súbenllo ao 23% (estaba nun 13%). Ademais, Atenas comprométese a acabar co IVE reducido do que gozaban as illas, un modo de 'paliar' a súa situación.

Tamén se adoptan medidas de austeridade nas pensións. Haberá un aumento da idade de xubilación aos 67 anos (mínimo de 62, con 40 anos cotizados) e irase eliminando progresivamente a complomentariedade que se daba para as pensións máis baixas. Aliás, auméntase a cotización dos pensionistas ao sistema sanitario (do 4 ao 6 por cento).

Atenas tamén asume que debe completar o proceso de privatización de aeroportos rexionais e portos como o Tireo ou Tesalónica. 

Comentarios