ÚLTIMA HORA

Grande incendio na catedral de Notre Dame

Un dos edificios máis emblemáticos da capital francesa está a ser devorado polo lume nun incendio que se declarou na tarde desta segunda feira e cuxa orixe descoñécese.

D4NfFYXWsAMthmQ
photo_camera [Imaxe: Ventura Risk]

D4NkIMmW4AE0GcDPasadas as 19 horas desta segunda feira rexistrouse un grande incendio na catedral de Notre Dame, en París, un dos edificios máis recoñecidos da capital francesa. O fume é visíbel desde todos os puntos da cidade.

Descoñécese a orixe, aínda que podería estar vinculado ás obras de renovación do inmoble. A policía acordoou a zona e desaxolou as numerosas persoas que visitaban a catedral. Son milleiros as que cada día se achegan ao que é o monumento histórico máis concorrido de Europa.

Sucédense os vídeos do incendio nas redes sociais.

 

 

Considerado un dos maiores símbolos de París, a catedral sitúase na parte leste da Île de la Cité, aos pés do río Sena. Dela parte o considerado punto cero de todas as distancias das estradas que parten da capital francesa.

Trátase dunha das máis antigas catedrais francesas de estilo gótico. A súa construción comezou en 1163 e contén influencias do románico normando. As evolucións arquitectónicas do gótico son as que lle confiren a aparente lixeireza.

A finais do século XVII sufriu a destrución de túmulos e vidreiras que foron substituídas por elementos do barroco. Durante a Revolución francesa tamén sufriu alteracións e chegou a servir de almacén de alimentos.

Comentarios