Google recoñece a Palestina

O compañía transnacional de servizos online segue os pasos das Nacións Unidas e recoñece Palestina como estado de seu

photo_camera Imaxe tomada do buscador Google.ps

Até o momento o xigante virtual viña denominando como 'Territorios Palestinos' o espazo baixo administración da Autoridade Nacional Palestina.

Malia que a compañía non notificou formal nin publicamente o recoñecemento, no buscador Google.ps o nome xa foi mudado enriba do logotipo da páxina. Desta maneira, Google súmase á decisión adoptada pola Asemblea xeral das Nacións Unidas que recoñeceu como Estado observador a Palestina o pasado mes de novembro. 

Embora Israel --e o seu maior aliado, EUA-- procurasen que isto non acontecese e mesmo se negaron a recoñecer política e diplomaticamente este novo estatus, 138 estados membros da ONU apoiaron co se voto favorábel a incorporación de Palestina como observador. 

Comentarios