O Goberno vasco prohibe votar a 200 persoas por ter Covid-19 ou sintomatoloxía

Medio milleiro de persoas que deron negativo en PCR recibirán instrucións de como votar o domingo.

Pleno do Parlamento vasco (cedida)
photo_camera Pleno do Parlamento vasco

A conselleira de Saúde,  Nekane Murga, informou de que xa son 69 os casos de  Covid-19 vinculados ao foco de  Ordizia. En  Araba diagnosticáronse cinco casos de coronavirus, tres deles en Gasteiz.

Ao redor de 200 persoas que deron positivo ou con sintomatoloxía non poderán acudir a votar o domingo.

Murga, que compareceu ante os medios canda a conselleira de Seguridade, Estefanía  Beltrán de  Heredia, destacou que as persoas  PCR positivas ou con sintomatoloxía, ao redor de 200 , non poden acudir a votar.

Beltrán de  Heredia deu conta das decisións da Xunta Electoral da  CAV, que insiste en que as condicións adoptadas pola administración son suficientes. “Ratifica o traballo que viñamos desenvolvendo co Departamento de Saúde”, manifestou.

Comentarios