O Goberno de Portugal negocia a suba do salario mínimo cos axentes sociais

A ministra de Traballo, Solidariedade e Seguridade Social, Ana Mendes Godinho, reuniuse esta cuarta feira, 6 de novembro, cos axentes sociais co obxectivo de aumentar os emolumentos até 750 euros en 2023. Actualmente, está situado en 600 euros.

EIoeI9oWoAAdGX2
photo_camera Xuntanza desta cuarta feira entre Mendes Godinho e os axentes sociais. Foto: @Ana_M_MG

A ministra de Traballo, Solidariedade e Seguridade Social, Ana Mendes Godinho, e os axentes sociais manteñen reúnense esta cuarta feira, 6 de novembro, na primeira das xuntanzas que manterán nos vindeiros días de cara ao aumento do salario mínimo interprofesional de cara ao ano que vén.

Ana Mendes Godinho, segundo informan os medios lusos, pretende fixar o valor con rapidez e defende que será un «primeiro passo» dun acordo «máis global sobre a política de rendementos». A patronal e os sindicatos recibirán das súas mans a proposta de actualización da remuneración mínima, tendo o Goberno como obxectivo último chegar a 750 euros en 2023.

Nos últimos catro anos, o salario mínimo aumentou de 505 euros a 530 euros en 2016; a 557 euros en 2017; e a 580 euros en 2018, chegando aos 600 euros en xaneiro do presente ano. A valorización real (descontando a inflación ) foi de 14%, e a nominal de case 19% nese período.

Comentarios