sábado 16/01/21

Goberno grego, ao BCE: ‘’Non nos chantaxeedes”

Grecia acusa a Banco Central Europeo de ‘’presión política’’ e asegura que a liquidez bancaria está garantida.

BCE
BCE

O Goberno grego afirmou nesta quinta feira que a liquidez bancaria está asegurada, mesmo despois do Banco Central Europeu (BCE) ter anunciado na cuarta-feira que deixará de aceitar títulos débeda pública grega como garantía nas suas operaçións de refinanciamento.

O porta-voz do Goberno, Gavriil Sakelaridis, afirmou que "non hai motivo de preocupación" e que se trata dunha "presión política" por parte do BCE no ámbito do proceso de negociaçión de Grecia cos seus parceiros.

"Non imos chantaxear nen imos deixar que nos chantaxeen", afirmou Sakelaridis. Após a decisión do banco central europeo, o Ministerio das Finanzas emitiu un comunicado no que garante que a decisión do BCE non terá un impacto negativo no sector financeiro do país, que continua "completamente protexido" por outros canais de liquidez .

"Esta decisión coloca presión sobre o Euro-grupo, para proceder rapidamente á conclusión dun novo acordo en beneficio mutuo para Grecia e os seus parceiros", refire o ministerio.

comentarios