O Executivo de Sánchez carga contra Feixoo por asegurar que o Executivo "está a forrarse coa suba da luz e a gasolina"

Teresa Ribera afirmou que "a Xunta non brilla polo seu compromiso social nin pola execución de recursos".
A vicepresidenta de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, nunha sesión de control (Foto: Congreso das Deputadas).
photo_camera A vicepresidenta de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, nunha sesión de control (Foto: Congreso das Deputadas).

A vicepresidenta terceira do Goberno español e ministra de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Teresa Ribera, cualificou este luns de "absolutamente lamentábel desde o punto de vista de fondo, forma e oportunidade política", as declaracións do candidato a liderar o Partido Popular (PP), Alberto Núñez Feixoo, quen asegurou nesta segunda feira que "o Goberno está a forrarse coa suba da luz e da gasolina".

En declaracións aos medios despois dun acto, Ribera tamén criticou que as declaracións de Feixoo tivesen lugar despois da Conferencia de Presidentes na Palma, na que "traballaron na importancia de sumar esforzos e manter posicións construtivas" e cando parecía que iniciaba "unha viaxe ao centro".

Asemade, lembrou que "a Xunta non brilla polo seu compromiso social nin pola execución de recursos".

A pesar das acusacións de Feixoo, Ribera mostrou a súa confianza en que estas declaracións sexan un "desliz". Defendeu que só así poe deixar de ser criticado pola súa familia europea (PPE), e ser visto como unha oposición responsábel "nun momento difícil para a sociedade española".

Viraxe ao centodereita

Por segunda vez desde que Feixoo anunciou que ía ser candidato á presidencia estatal do PP, o Executivo español enviou unha mensaxe pública ao aínda presidente da Xunta para que leve a cabo unha viraxe ao centrodereita.

A pasada semana, con motivo do acordo de Goberno en Castela e León que o PP impulsou con Vox e que contou co apoio de Feixoo, varios integrantes do Executivo español e do PSOE acusaron Feixoo de abrir por primeira vez as portas dun Goberno ça extrema dereita após máis de 40 anos.

A primeira decisión de Feixoo á fronte do PP recibiu as duras críticas do secretario de organización do Partido Socialista (PSOE), Santos Cerdán, que afirmou no seu Twitter "a moderación de Feixoo era isto", minutos despois de que se dera a coñecer o pacto.

O portavoz do PSOE, Felipe Sicilia sumouse ás críticas do seu compañeiro de formación. Tamén en Twitter, publicou "Núñez Feixoo estréase ao grande. Primeiro tapando as posíbeis corruptelas de Ayuso. E hoxe, permitindo que, por primeira vez, a extrema dereita de Vox entre nun Goberno".

Comentarios