O goberno español anuncia "medidas legais" contra a reprobación de Filipe VI polo Parlament de Catalunya

A Cámara catalá demanda abolir a monarquía e critica as declaracións e posicionamento do Borbón a respecto do 1-O.

filipe borbón reie imaxe Casa Real

O Parlament de Catalunya reproba o rei español, Filipe VI, polo seu apoio á represión policial o 1 de Outubro de 2017. E non só iso: a Cámara catalá tamén aprobou demandar a abolición da monarquía , por entender que é unha institución "caduca" e "antidemocrática". A suma dos deputados e deputadas independentistas (ERC, Junts per Catalunya -CUP abstóvose-) e de Catalunya en Comù fixeron posíbel unha maioría folgada no Parlament para sacar adiante estes posicionamentos.

Un posicionamento político que non gostou nada no goberno español, que axiña saíu a cualificar de "inaceptábel" o aprobado no Parlament de Catalunya. O propio presidente español, Pedro Sánchez, anunciou medidas legais". Os socialistas exixen que "a figura do xefe do estado" fique á marxe do "debate partidista".

Porén, desde independentistas e 'comuns' lémbrase que o propio Filipe VI decidiu, co seu discurso do 1-O, entrar de cheo no proceso catalán aliñándose co discurso máis duro do Estado español.

Comentarios