O Goberno do Estado regulará o sistema de telepeaxes para facelo compatíbel co resto de Europa

A nova directiva europea tiña que adquirir rango de lei nos distintos países da Unión antes do pasado 19 de outubro de 2021.
Unha peaxe na AP-9. (Foto: Ana Varela / Xunta de Galiza)
photo_camera Unha peaxe na AP-9. (Foto: Ana Varela / Xunta de Galiza)

O Goberno do Estado aprobará ao longo de 2022 un real decreto para traspoñer a directiva europea de telepeaxes á normativa estatal e facer así compatíbel o seu sistema co que se usa en cada un dos países da Unión Europea.

Os dous principais obxectivos que persegue esta decisión son que os usuarios poidan viaxar por todo o continente cun único dispositivo electrónico e facilitar o intercambio de información sobre as peaxes impagadas nos distintos Estados membros.

a súa intención é "garantir a interoperabilidade dos sistemas de telepeaxe instalados nas estradas e autoestradas do Estado cos doutros países membros da Unión Europea".

O Executivo de coalición incluíu este real decreto no plan anual normativo de 2022 da Administración Xeral do Estado, no que se recollen todas as leis que prevé aprobar ao longo deste ano.

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana propúxose dar luz verde a oito leis e 23 reais decretos, entre os que se inclúe o que regulará o bono aluguer novo de 250 euros.

Respecto ao real decreto sobre telepeaxes, cuxa data de aprobación aínda está por definir, no documento publicado con motivo da súa posta a disposición dos cidadáns explícase que a súa intención é "garantir a interoperabilidade dos sistemas de telepeaxe instalados nas estradas e autoestradas do Estado cos doutros países membros da Unión Europea".

No entanto, o servizo europeo de telepeaxe (SET) será un sistema complementar aos servizos nacionais de telepeaxe e non se aplicará aos sistemas non electrónicos. Xa en 2004, a Comisión tentou levar a cabo unha normativa parecida pero sen éxito.

O Goberno do Estado xa traspuxo a directiva de 2004 por vía do real decreto en febreiro de 2006, pero, como argumenta o Ministerio, os avances tecnolóxicos "han ir por diante da súa regulación a nivel europeo", de maneira que se foron implantando polos diferentes países sen que fosen do todo compatíbeis entre si.

Agora, a Comisión volveu a tentalo e para iso lanzou en 2019 unha nova directiva que tiña que adquirir rango de lei nos distintos países da Unión antes do pasado 19 de outubro de 2021.

Comentarios