O goberno de Colombia mobiliza 50.000 soldados para afogar unha protesta camponesa

O presidente colombiano, José Manuel Santos, decretou a “militarización de Bogotá”. Campesiñ@s de 16 departamentos colombianos protagonizan desde hai 2 semanas mobilizacións contra as políticas de libre comercio que, afirman, “déixannos na miseria”

Colombia

Máis de 50.000 soldados dun exército, o colombiano, cun triste historial ás costas de represión e violación de dereitos humanos contra o seu propio pobo. Esa é a cifra de soldados que o goberno de Colombia vén de mobilizar para poñer fin ás protestas e mobilizacións camponesas que, desde hai 12 días percorren o país

O campesiñado logrou nestes días a solidariedade e apoio de amplas capas urbanas

O presidente colombiano, José Manuel Santos, decretou a “militarización de Bogotá”, a capital do país, e xustificou a decisión nos disturbios sucedidos tras unha manifestación de campesiñ@s. Santos acusou ás FARC de tentar sacar proveito da situación, unha afirmación coa que quer xustificar tamaño desplegamento de efectivos (ademais dos 50.000 soldados, milleiros de policias)

“En pé, contra a miseria”

Campesiñ@s de 16 dos 32 departamentos nos que se divide Colmbia están a participar desde hai dúas semanas na vaga de protestos e mobilizacións. Son, na súa meirande parte, labreg@s, pequenos produtores de café, de pataca, de cacao ou de millo.

As protestas destes milleiros de traballadores da terra diríxense contras as medidas de ‘libre comercio’ que xeraron un aumento enorme en custos básicos (abonos, combustibles,...) e unha queda do prezo dos produtos que cultivan.

Aliás, e nestes últimos días, os e as campesiñas están a lograr o apoio e solidariedade da cidadanía de urbes como Bogotá ou Medellín, entre outras.


 

Comentarios