O goberno chileno afirma que Neruda puido ser asasinado

"Resulta claramente posíbel e altamente probábel a intervención de terceiros" na súa morte, sinala o executivo que ordenou iniciar unha investigación.

Pablo Neruda
photo_camera Pablo Neruda

As sospeitas de que Pablo Neruda, militante comunista chileno e Premio Nobel de Literatura, tivese sido asasinado polo réxime de Augusto Pinochet cobran máis peso. 

Esta quinta feira (5 de novembro) o propio goberno de Chile recoñeceu publicamente através dun comunicado de imprensa que é "claramente posíbel" e "altamente probábel" o feito de que terceiras persoas tivesen causado morte ao poeta en contra da versión oficial que situou un cancro como razón do pasamento. 

Perante as "persistentes" sospeitas o executivo ordenou iniciar unha investigación exhaustiva através do seu Programa de Dereitos Humanos co que agardan obter unha conclusión científica. 

No ano 2013 os restos mortais de Neruda foran exhumados por orde xudicial. Porén, na altura non se atoparan evidencias de asasinato, segundo concluíu o informe. Pois os restos biolóxicos apuntaban a existencia de cancro, mais tamén de tóxicos. 

Comentarios