A ministra de Interior de Reino Unido, Priti Patel, asinou na mañá desta sexta feira a autorización da orde de extradición do fundador de Wikileaks, Julian Assange, aos Estados Unidos (EUA), aínda que pode presentar un novo recurso contra esta decisión.
O país norteamericano acusa Assange de cargos de espionaxe pola filtración de milleiros de documentos secretos.
Patel asinou este documento pese aos argumentos dados pola defensa de Assange sobre o delicado estado de saúde do seu defendido, e a condena "desmedida" que os tribunais dos EUA lle poderían impor.
"Os tribunais de Reino Unido non determinaron que fose represivo, inxusto ou un abuso procedimental extraditar Assange", recolle o Ministerio de Interior nun comunicado.
Neste sentido, o Executivo afirma que tendo isto en conta a única decisión posíbel é dar o visto bo á xestión administrativa de trasladar Julian Assange aos Estados Unidos
"Día negro para a liberdade de prensa"
Da outra cara da moeda, Wikileaks lamentou a decisión do Goberno británico, e asegurou que é "un día negro para a liberdade de prensa e a democracia británica".
A organización confirmou que presentará un recurso contra esta decisión, co obxectivo de dilatar o máximo posíbel o proceso de extradición e que Assange teña que enfrontarse a unha posíbel pena de 175 anos nos EUA.