O Goberno aprobará unha rebaixa de 50% no aluguer a bares e locais de grandes propietarios

Forma parte do plan de choque para a hostalaría que se aprobará no Consello de Ministros a terza feira.
Hostalaría en Compostela, Europa Press
photo_camera Hostalaría en Compostela. (Foto: Europa Press)

O Goberno do Estado vai aprobar a próxima terza feira no Consello de Ministros o plan de choque para a hostalaría e o comercio, que inclúe unha rebaixa de 50% no alugueiro nos locais que pertenzan a grandes propietarios (con máis de 10 inmobles).

O inquilino poderá solicitar antes do 31 de xaneiro este desconto durante o estado de alarma, as posíbeis prórrogas e até os catro meses posteriores.

Segundo un borrador ao que tivo acceso 'El País', para acceder a esta axuda non debe existir un acordo previo entre as partes para a redución temporal da renda ou unha moratoria no pago durante a pandemia.

Ademais, o texto incluirá incentivos fiscais para aqueles que non se consideran grandes propietarios, co gallo de que rebaixen as rendas que obteñen por alugueiro dos seus locais dedicados á hostalaría e ao comercio.

Comentarios