A Garda Civil rexistra a sede do Diplocat, o organismo de acción exterior da Generalitat

En aplicación do artigo 155, a disolución do Diplocat estaba prevista para esta sexta feira. Segundo Efe, a Garda Civil investiga pagamentos aos observadores internacionais que acompañaron o referendo do 1-O.

Garda Civil
photo_camera Vehículos da Garda Civil [foto: Vilaweb]

A acción exterior da Generalitat -que a ollos do Goberno español ten conseguido éxitos notábeis na internacionalización do conflito- corre basicamente a cargo do Consell de Diplomàcia Pública de Catalunya (Diplocat) e da Consellaria d'Exteriors, cuxo último titular, Raül Romeva, está encarcerado en Estremera por orde do xuíz Llarena polos delitos de rebelión, sedición e malversación de fondos.

De acordo cunha información da axencia Efe, a Garda Civil practica o rexisto no Diplocat porque está a investigar supostos pagamentos realizados aos observadores internacionais do 1-O, por valor de 119.700 euros.

A operación do corpo militar foi ordenada polo titular do xulgado de instrución de Barcelona número 13, o mesmo que investiga os preparativos do referendo de autodeterminación.

Comentarios