A Garda Civil rexista a sede do semanario El Vallenc na procura de material do 1-O

Continúan as pesquisas do corpo militar estatal de acordo coas instrucións recibidas pola Fiscalía Xeral. Após rexistar a pasada sexta feira unha imprensa, as sospeitas recaen agora sobre un semanario comarcal, El Vallenc.

GC
photo_camera Efectivos da Garda Civil, no exterior de El Vallenc

A ofensiva dos aparatos do Estado para inviabilizar a realización do referendo de autodeterminación do 1 de Outubro desprégase ante os ollos asombrados da opinión pública catalá. A Garda Civil, a acompañar as instrucións da Fiscalía Xeral do Estado, desprega accións co obxectivo de se incautar de calquera tipo de material que eventualmente se poda utilizar no referendo.

O novo albo é o semanario ElVallenc, en cuxa sede de Valls se teñen personado este sábado unha dúcia de efectivos da Garda Civil.

Neste momento, os axentes ao mando do operativo estarían reunidos co director do meio.

De por parte, as pesquisas da Garda Civil na imprensa de Constatí, rexistada a pasada sexta feira, deron en nada: nese prelo nen había, nen estaba previsto que houbese, nengún material relacionado co referendo.

Comentarios