Caso 3 por cento

A Garda Civil entra no despacho dun ex 'conseller' de Xustiza, no Parlament

A  Garda Civil entrou esta quinta feira no Palau da Generalitat, no Parlament e no Departamento de Xustiza do Goberno catalán en busca de información sobre o caso do 3 por cento (comisións para a antiga CiU a cambio de contratos públicos) e, mais concretamente, as adxudicacións que presuntamente tería arranxado Germá Gordó, ex conseller de Xustiza.

Germà Gordó

A operación fai parte da investigación sobre o presunto cobro de comisión ilegais a través da extinta Convergència Democràtica de Catalunya. Neste momento só se busca recabar información e non se prevé ningunha detención. Tamén se requiriu información e documentación no Centro de Telecomunicación se Tecnoloxías da Información da Generalitat.

A segunda feira 24 de xullo, Germá Gordó está citado a declarar como investigado. O TSJC abriu o pasado mes de xuño unha investigación ao deputado do PDeCAT pola súa participación no chamado caso do 3 por cento no que presuntamente Gordó pediu a empresas adxudicatarias da Generalitat que fixesen doazóns á fundación CatDem a cambio de adxudicacións.

Comentarios