O galés aumenta en falantes

Son 891.000, case 7% máis que en 2001. Deles, perto de medio millón falan esta lingua a diario.

galés gales cymru

En Gales hai 891.000 persoas que afirman ser quen de falar galés. Son 60.000 máis das que o recoñecían en 2001, cando eran 834.000. Son dados do propio goberno de Gales, que indican que nestas dúas décadas aumentou en 6,8% os e as habitantes deste país que poden expresarse no idioma propio. Unha lingua que fai parte ao grupo de linguas celtas e que levaba décadas en declive en beneficio do inglés.

Son case 30% dos galeses e galesas as que recoñecen que son quen de falar esta lingua. En 2010 era só 25% as dicían que eran capaces.

O 16,5 das habitantes de Gales afirman que falan este idioma diariamente. Son 496.800 personas. Hai un 6,5% que di que o fala de cando en vez (193.700) e un 5% que o emprega ao longo da semana mais non con carácter diario (aquí encádranse 152.600 galesas).

Outros dados que recolle este estudo é que máis dun millón de habitantes de Gales entenden o galés, que 27% da poboación galesapode lelo e que 24% poden escribilo: 799.000 e 729.000 persoas respectivamente.

Comentarios