As fronteiras en tempos de coronavirus

September 18, 2019 - San Diego, California, United States: President Trump toured a border barrier along the U.S.-Mexico divide while his top aides conducted a Coast Guard flyover of the double-layered, steel fencing — part of a show of force ahead of the 2020 election aimed reducing a massive spike in unauthorized immigration. Trump’s visit to the Otay Mesa area of this border town near Tijuana comes as the administration has felt emboldened after winning new legal authority to move forward in funding a border wall and, at least temporarily, gaining additional powers to enforce restrictions on asylum that could help blunt a record surge of Central American families. (CONTACTO)
ONLY FOR USE IN SPAIN

September 18, 2019 - San Diego, California, United States: President Trump toured a border barrier along the U.S.-Mexico divide while his top aides conducted a Coast Guard flyover of the double-layered, steel fencing — part of a show of force ahead of the 2020 election aimed reducing a massive spike in unauthorized immigration. Trump’s visit to the Otay Mesa area of this border town near Tijuana comes as the administration has felt emboldened after winning new legal authority to move forward in funding a border wall and, at least temporarily, gaining additional powers to enforce restrictions on asylum that could help blunt a record surge of Central American families. (POLARIS)
  (Foto de ARCHIVO)

21/9/2019 ONLY FOR USE IN SPAIN
photo_camera O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, estampa a súa sinatura no muro con México, en San Diego, o 21 de setembro de 2019 (POLARIS)

O novo coronavirus SARS CoV-2, causante da pneumonía COVID-19, non coñece de fronteiras. O avance da pandemia por todo o mundo estao a evidenciar diariamente. Manifesta, tamén, de forma paradoxal, cómica ou tráxica, segundo o caso, o papel que estas cumpren nunha sociedade intercomunicada e globalizada como a actual, onde os problemas duns son os de todos.  

Durante os últimos días un grupo de habitantes da localidade de Nogales, no Estado mexicano de Sonora, manifestáronse diante do control fronteirizo da veciña Nogales (comparten o nome), no Estado estadounidense de Arizona. O obxectivo, segundo informou El Diario de Sonora: impedir o paso a México de persoas procedentes dos EUA.

Hai un ano, nesa fronteira entre os dous países norteamericanos vivíase unha crise migratoria, que levou ao endurecemento das políticas do presidente Trump ─e tamén do seu homólogo López Obrador─ reflectidas no aumento de detencións e deportacións.

Por aí, entre Nogales, é que discorrerá tamén nun futuro o muro que Trump deseñou para impedir o acceso aos EUA. Un Trump que hai só dúas semanas escribía no Twitter, a respecto do avance do coronavirus: "Necesitamos o Muro máis que nunca!".  

Europa

As dispares medidas dos Gobernos para frear o avance do coronavirus tamén deixan situacións surrealistas no que a fronteiras se refire. A crecente división no seo da Unión Europea materialízase de forma física entre as vilas de Baarle-Hertog (Flandres) e Baarle-Nassau (Países Baixos). 

As complicadas fronteiras que dividen estas dúas localidades, con enclaves baixo unha soberanía rodeando as da outra ─e viceversa─, fan que os habitantes convivan habitualmente sen distincións, mais todo cambia no medio da pandemia. 

Mentres que o Goberno belga ordenou o feche de todos os estabelecementos que non son de primeira necesidade ─informa o xornal BN DeStem─, os neerlandeses teñen un abano máis amplo de posibilidades, con máis comercios abertos. Mais, os cidadáns belgas teñen prohibido comprar nestas tendas que, a poucos metros das súas casas nalgúns casos, levan usando desde hai décadas.

No limbo entre fronteiras

Na fronteira externa da UE, entre Grecia e Turquía, continúan atrapadas miles de persoas. Entre a espada e a parede, entre a miseria e a guerra e a pandemia da COVID-19.

Hai un mes iniciábase unha nova crise migratoria tras a decisión do Goberno turco de abrir as fronteiras coa UE para forzar a Bruxelas a cumprir cos acordos asinados e implicarse,  ademais, no anovado conflito sirio. Turquía tamén ameazou con abrir o paso ás persoas que foxen dos choques en Idlib.

Tanto na fronteira como no limbo dos campos de refuxiados das illas gregas, a situación é extremadamente crítica. As organizacións humanitarias levan semanas advertindo que un só caso pode dar inicio a unha catástrofe humanitaria sen precedentes. Lugares como o campamento de Moria, con condicións de insalubridade e a imposibilidade de lavar as mans ou de manter as distancias, convértense no caldo de cultivo  perfecto para o coronavirus.

Nestes sentido, un grupo de médicos europeos impulsou a campaña #SOSMoria co fin de  que as autoridades repartan estas persoas entre todos os Estados da UE e evitar un "desastre médico en territorio europeo".

Comentarios