O diario español salienta que o actual presidente do Tribunal Constitución pagou cotas de afiliado ao Partido Popular entre 2007 e 2011.
Desta maneira, o escándalo que atinxe ao poder executivo español, exténdese agora ao poder xudicial. Francisco Pérez de los Cobos declinou, segundo apunta El País, facer declaración algunha a respeito desta información que lle atribúe o pagamento da cota mínima de afiliación en Barcelona após a asúa entrada no TC e mesmo da súa presidencia na máxima instancia.
O artigo 395, lembra o diario español, da Lei Orgánica do Poder Xudicial prohíbe "aos xuíces e maxistrados pertencer a partidos políticos" e neste senso, estaríase a producir unha incompatibilidade clara.