Eleccións en Francia: a segunda volta supera en participación á unha primeira rolda que marcou un fito

Segundo os datos do Ministerio de Interior francés, a participación ás 12 horas nesta segunda rolda é do 26,63%. A primeira marcou un fito de participación co 25,9 %
Unha parella entra nun colexio electoral en Estrasburgo, este domingo 7 de xullo. (Foto: Hannes P. Albert / dpa / Europa Press)
photo_camera Unha parella entra nun colexio electoral en Estrasburgo, este domingo 7 de xullo. (Foto: Hannes P. Albert / dpa / Europa Press)

As miradas están postas en Francia. Os colexios electorais do Hexágono xa están abertos para a segunda e definitiva volta dunhas eleccións nas que a ultradereita da Agrupación Nacional -despois de década de ascensión- aspira a conseguir a maioría absoluta. 

Os prognósticos anuncian unha participación elevada, que podería repetir o 66,7 por cento da primeira rolda. Segundo os datos do Ministerio de Interior francés, a participación ás 12 horas nesta segunda rolda é do 26,63%. A primeira marcou un fito de participación co 25,9 %, moi por riba das anteriores elección s lexislativas .

Tras os comicios europeos, nos que a Agrupación Nacional conseguiu máis dun trinta por cento dos votos, o presidente Emmanuel Macron convocou unhas eleccións para renovar a Asemblea. Na primeira, volta, a ultradereita conseguiu, por primeira vez, impoñerse nunhas lexislativas, obtendo un de cada tres sufraxios.

A segunda volta que decorrerá este domingo 7 de xullo, dirimirá se a Agrupación Nacional de Marine Le Pen logra facerse coa maioría absoluta na Asemblea Nacional, ou se por contra, a renuncia de candidatos e candidatas macronistas e da esquerda en máis de 200 circunscricións para concentrar o voto é quen de reverter a vitoria da formación de Le Pen na primeira volta.

Para formar goberno, o candidato lepenista precisará dunha maioría absoluta que semella complicarse despois de que o centro e a esquerda formasen un cordón sanitario para enfrontar a segunda volta.

Se, como anuncian algunhas enquisas, a ultradereita queda lonxe da maioría, o resto dos partidos terá que atopar solucións imaxinativas para formar unha coalición que poña fin a unha situación inédita na historia da V República.  

Comentarios